Fundación Manuel María de Estudos Galegos
24/11/2019
O primeiro premio do concurso foi para Adolfo Caamaño Vázquez, no que tamén resultaron premiados Manuel Antonio Piñeiro Fernández e Francisco Javier Fernández Davila
A Casa de Galiza de Gipuzkoa vén de informar que o xurado da VII edición do Certame de poesía en lingua galega, que organiza a propia Casa de Galiza, acordou na reunión mantida no día de onte, 23 de novembro, os seguintes premiados do concurso:
O primeiro premio, dotado con 400 euros, para Adolfo Caamaño Vázquez polo poema número 43 que tiña por lema "Cartograma para contido primixenio".
O segundo premio, dotado con 200 euros, para Manuel Antonio Piñeiro Fernández polo poema número 3 que tiña por lema "Lintel".
O terceiro premio, dotado con 100 euros, para Francisco Javier Fernández Davila polo poema número 34 que tiña por lema "A miña pel en tatuaxes"