Noticias

A Casa de Galicia de Gipuzkoa vén de convocar o VI Certame de poesía Manuel María

certame-manuel-maria-2018-1.jpg
27/07/2018

As persoas participantes deberán enviar os seus traballos antes do 21 de outubro 

A Casa de Galicia en Gipuzkoa vén de convocar o VI Certame de poesía Manuel María. As bases do concurso son as seguintes: 

1 O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos.

2 O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente á personalidade do autor ao seguinte enderezo:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Certame de poesía Manuel María
Rúa Zabaleta, 28 - baixo
20002 San Sebastián - Gipuzkoa

Dentro, noutro sobre, pechado figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI, teléfono e enderezo electrónico do autor. 

3 As obras que se presenten deberán ser inéditas.

4 Os poemas enviaranse por triplicado sen grampar nin encandernar antes do 21 de outubro de 2018.

5 A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado.

6 Os premios fallaranse o 10 de novembro de 2018. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia en Gipuzkoa na forma e no que se estime axeitado.

7 Os premios consistirán en:
1º premio: 400 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros

8 Os premios publicaranse na páxina web da Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Sempre que sexa posible emitirase en directo o fallo pola rede (Facebook ou Periscope da Casa).

9 O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio.

10 A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado.

11 Non se devolverán os orixinais.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo