Fundación Manuel María de Estudos Galegos
27/07/2018
As persoas participantes deberán enviar os seus traballos antes do 21 de outubro
A Casa de Galicia en Gipuzkoa vén de convocar o VI Certame de poesía Manuel María. As bases do concurso son as seguintes:
1 O poema estará escrito en lingua galega e terá un máximo de noventa versos e un mínimo de corenta. Admitiranse conxuntos de poemas de temática común sempre que non excedan dos cen versos.
2 O poema enviarase nun sobre sen remitente nin indicación algunha referente á personalidade do autor ao seguinte enderezo:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Certame de poesía Manuel María
Rúa Zabaleta, 28 - baixo
20002 San Sebastián - Gipuzkoa
Dentro, noutro sobre, pechado figurará exteriormente o primeiro verso do poema e no interior do mesmo sobre constará o nome, enderezo, número do DNI, teléfono e enderezo electrónico do autor.
3 As obras que se presenten deberán ser inéditas.
4 Os poemas enviaranse por triplicado sen grampar nin encandernar antes do 21 de outubro de 2018.
5 A organización nomeará un xurado composto por persoeiros relevantes da creación e da crítica e daranse a coñecer no momento de facerse público o fallo do xurado.
6 Os premios fallaranse o 10 de novembro de 2018. Os poemas premiados serán editados pola Casa de Galicia en Gipuzkoa na forma e no que se estime axeitado.
7 Os premios consistirán en:
1º premio: 400 euros
2º premio: 200 euros
3º premio: 100 euros
8 Os premios publicaranse na páxina web da Casa de Galicia en Gipuzkoa unha vez realizado o fallo por parte do xurado. Sempre que sexa posible emitirase en directo o fallo pola rede (Facebook ou Periscope da Casa).
9 O feito de participar supón aceptar a resolución do xurado así como as bases do certame. O xurado poderá declarar deserto algún premio.
10 A Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado.
11 Non se devolverán os orixinais.