Noticias

O Boletín da Real Academia Galega publica os relatorios do Simposio Manuel María

imaxe.png

19/12/2017

Na publicación recóllense as dezasete intervencións que sobre a figura e a obra de Manuel María se realizaron na sede da RAG en novembro de 2016

Desde hoxe xa se pode baixar o Boletín número 377 da Real Academia Galega (na sección de publicacións da web academia.gal) que ten como contido principal os relatorios do Simposio que se celebrou en novembro de 2016, na propia Academia, sobre Manuel María.

O volume recolle, entre outras, diversas  olladas á poética, á narrativa, ao teatro e ao articulismo de Manuel María, a relación do escritor coa lingua galega, o seu papel na construción dunha educación literaria en galego, a pegada que deixou na creación da música galega contemporánea... Os autores e autoras dos textos son Darío Xohán Cabana, Marta Dacosta Alonso, Manuel López Foxo, Rosalía Fernández Rial, Camilo Gómez Torres, Mercedes Queixas Zas, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Henrique Rabuñal, Montse Pena Presas, Xurxo Souto, Xosé Estévez, Carlos Quiroga, Pilar García Negro, Antón Lopo, Xosé Lois García e Fina Casalderrey.