Noticias

SAÍDAS ESCOLARES

Curso 2013/14

Xa podedes concertar as vosas visitas escolares á Casa Museo Manuel María no tf. 698 177 621 ou en fundacion@manuelmaria.com. Proximamente enviaremos material virtual para preparalas, así como outras suxestións para complementar ditas visitas.

A Casa Museo Manuel María está situada en Outeiro de Rei, ao pé do Concello, e foi inaugurada o pasado día 7 de setembro. É un bo exemplo de casa chairega e contén o conxunto do legado do escritor. A Fundación está a preparar unha serie de suxestións e propostas para que as visitas do alumnado poidan acadar o rendimento educativo axeitado.