Noticias

LIBRO M. María + CD Uxía + DVD

portada escaneada.jpg

Nun lote único, está nas librarías o inédito de Manuel María "Os lonxes do solpor", xuntamente co CD "Andando a Terra. Uxía canta Manuel María" e o DVD "De amor e cantería" que traduce en imaxes e son os "Sonetos á Casa de Hortas" e que obtivo o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental 2011.

Esta publicación contén un LIBRO + CD + DVD. Tres formatos distintos para “rozar a nosa intimidade” e “voar cara as incertas néboas do futuro” deixándonos guiar por Manuel María. “Os lonxes do solpor”, un magnífico libro, o último poemario inédito, no que se mostran, con intensidade lírica, o tremor puro da palabra, a comuñón coa terra amada ou a saudade polo tempo pasado e a crítica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente. “Andando a Terra”, un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción, que agora interpreta ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser humano. “De amor e cantería”, vídeo de Pixel Films, sobre guión de Anxa G. Refoxo, que traduce en imaxes e son os “Sonetos á Casa de Hortas” de Manuel María e que mereceu o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental do ano 2011.