Noticias

"De amor e cantería", documental da nosa Fundación, premio Mestre Mateo ao mellor traballo experimental 2011

A Academia Galega do Audiovisual concedeu o premio Mestre Mateo á mellor obra experiemental do ano 2011 ao traballo da nosa Fundación "De amor e cantería", producido por Pixel Films.

A Academia Galega do Audiovisual concedeu o premio Mestre Mateo á mellor obra experiemental do ano 2011 ao traballo da nosa Fundación "De amor e cantería", producido por Pixel Films. Este documental de 14 minutos é unha recreación visual e sonora dos "Sonetos á Casa de Hortas" que Manuel María fixo á súa casa natal de Outeiro de Rei, o espazo que a Fundación quere converter en Casa Museo do escritor.

FICHA TÉCNICA:

Guión e textos: Anxa G. Refoxo

Produción: Mikel Fuentes e Sara Horta

Voces en Off: Xoán Diéguez e Comba Campoy

Realización e montaxe: Mikel Fuentes

Imaxes de arquivo: Xulio Xiz, Camilo Gómez Torres e Saleta Goy

Colaboración na produción: Alberte Ansede, Xoán Costa, Xan Casabella, Xosé Vieites e a A-PG