Noticias

REPRESENTACIÓN TEATRAL EN FAVOR DA CASA MUSEO MANUEL MARÍA

Sábado 14 de maio no Forum Metropolitano da Coruña ás 19 horas

A compañía  “Teatro do Andamio” representou a obra “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” dirixida aos nenas e nenas de entre 3 e 9 anos, en beneficio da nosa Fundación.

Deste xeito, a totalidade da recadación foi doada pola compañía de teatro á Fundación Manuel María de Estudos Galegos para acometer a remodelación da casa natal de Manuel María e destinala a Casa Museo do escritor. Desde aquí o noso inmenso agradecemento á compañía Teatro do Andarmio e moi especialmente a Álvaro Guevara.