Noticias

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE M. MATO "SEÑARDADE DA LUZ. A obra poética de Manuel María"

15 de maio ás 20 horas no Kiosco Afonso

Dentro do  programa da FESTA DO LIBRO organizada pola Concellaría de Cultura do concello da Coruña foi presentado este ensaio de MIGUEL MATO sobre a obra poética de Manuel María. O autor, facendo unha análise das obras máis representativas do poeta, traza unha serie de liñas temáticas que se reflicten en cada etapa da súa vida.

O próximo día 3 de xullo está prevista unha nova presentación na vila de Arteixo.