Noticias

OS VECIÑOS DE MANUEL MARÍA COLOCAN UNHA PLACA NA SÚA MEMORIA

p1060594.jpg

Por iniciativa da Asociación de Veciños “Atochas-Monte Alto” da cidade da Coruña, a placa foi situada no portal do edificio deste barrio coruñés onde morou Manuel María nos últimos anos da súa vida. Alí se desprazara, xuntamente con Saleta, unha vez alcanzada a idade de xubilación.
 

A descuberta da placa coincidiu practicamente co cabo de ano do falecemento do poeta, que se produciu o día oito de outubro do 2004.

Aínda que a iniciativa partiu da Asociación de Veciños, a comunidade de propietarios acolleuna moi gustosamente, facéndoa súa.

Ao acto acudiron numerosos veciños e veciñas, tomando a palabra o Presidente da entidade veciñal, así como Felipe Senén. Pola súa parte, Saleta agradeceu emocionada a todos os presentes a súas mostras de cariño.

A placa foi realizada polo ceramista Francisco Xosé Pérez Porto e incorpora un verso do poema “Galiza” que abre o libro “Os soños na gaiola”.