Manuel María > Fotobiografía

Fotografías do período 1929 - 1948

Os Bisavós maternos

Os Bisavós maternos

Bisavós maternos de Manuel María.

Arquivo familiar (1930)

Descargar
Os avós maternos

Os avós maternos

José Ramón Teixeiro e Consuelo Casanova Neira, os avós maternos, xunto a dous dos seus tíos.

Arquivo familiar (1930)

Descargar
A avoa María Antonia e o tío crego Xosé Fernández

A avoa María Antonia e o tío crego Xosé Fernández

A avoa María Antonia e o tío crego Xosé Fernández. A súa formación e a súa biblioteca influirán fondamente en Manuel María.

Arquivo familiar (1930)

Manuel María cos seus pais e irmáns en 1940.

Manuel María cos seus pais e irmáns en 1940.

Manuel María cos seus pais e irmáns Antón, Suso e Pepe en 1940. Na casa familiar toma o primeiro contacto con textos en galego: seu pai tiña os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, algunha comedia de Carré Alvarellos e O Gaiteiro de Lugo.

Arquivo familiar (1940)

Manuel María aos 11 anos.

Manuel María aos 11 anos.

Manuel María aos 11 anos, altura á que decubriu a literatura galega a través da antoloxíaa de Ánxel María de las Casas e da Literatura Gallega de Carré Aldao.

Arquivo familiar (1940)

O poeta con 16 anos.

O poeta con 16 anos.

O poeta con 16 anos. A disciplina férrea da Academia Galicia rexentada por Maristas fai difíciles etes anos.

Arquivo familiar (1945)

3º ano B dos Maristas de Lugo no curso 1944-45

3º ano B dos Maristas de Lugo no curso 1944-45

Manuel María en Lugo no curso 1944-45, quinto pola esquerda na fileira superior, nos Maristas, onde estudou até 5º de bacharelato.

Arquivo familiar (1945)

Descargar
 

Fotografías do período 1949 - 1963

7º de bacharelato no Instituto de Lugo.

7º de bacharelato no Instituto de Lugo.

No Instituto de Lugo, xa en 7º de bacharelato. Neste ano, 1949, crea co seu amigo Manuel Antonio Sopena as Follas de poesía Xistral, das que saen dous números onde se publicarán por primeira vez os seus versos

Arquivo Juan José (Lugo) (1949)

Descargar
Coa selección do Instituto de Lugo.

Coa selección do Instituto de Lugo.

Coa selección do Instituto de Lugo, nun partido tradicional contra a Academia Galicia, 7 de marzo de 1949.

Arquivo familiar (1949)

Xuntanza con compañeiros do colexio dos Maristas en Lugo.

Xuntanza con compañeiros do colexio dos Maristas en Lugo.

Nunha xuntanza con compañeiros do colexio dos Maristas en Lugo; Manuel María é o terceiro pola esquerda na segunda fileira.

Arquivo familiar (1949)

Descargar
Conferencia

Conferencia

Arquivo familiar (1950)

En Compostela, 1952

En Compostela, 1952

Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro, A. Bonet, Pura Vázquez, Manuel María e Carlos Maside, en Compostela, 1952. Baixo o maxisterio de Maside profundiza no coñecemento do galeguismo, da República, do socialismo e do marxismos.

Arquivo familiar (1952)

Con uniforme no café Español de Santiago de Compostela.

Con uniforme no café Español de Santiago de Compostela.

En 1952-53 cumpre o servizo militar xunto con Uxío Novoneyra. Polas tardes en Compostela asiste á tertulia do Café Español, onde participan Carlos Maside, Otero Pedrayo, Bouza Brey, García Sabell, Ramón Lugrís, Borobó, Ramón Piñeiro...Tamén coñece nesta época a Rodríguez Mourullo, aos Beiras e a Pilar Vázquez Cuesta.

Arquivo familiar (1953)

Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro e Manuel María.

Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro e Manuel María.

Uxío Novoneyra, Ramón Piñeiro e Manuel María en Lugo no San Xoán de 1955.

Arquivo familiar (1955)

Nos Caneiros de Betanzos

Nos Caneiros de Betanzos

Con Uxío Novoneyra nos Caneiros de Betanzos, 25 de agosto de 1955. Nesta altura os dous poetas deron recitais pola zona e relacionáronse con Avilés de Taramancos, Leandro Carré, Lugrís...

Arquivo familiar (1955)

No San Froilán de 1955.

No San Froilán de 1955.

Na terraza do café Méndez Núñez no San Froilán de 1955 con L. Fernández Villar (con quen fixo as súas prácticas de Procurador dos Tribunais), Celestino Fernández de la Vega, Antonio Molina e, de costas, Ramón Varela, presidente do Círculo das Artes.

Arquivo familiar (1955)

En Compostela, 1957.

En Compostela, 1957.

Xulio Cuns, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel María, Franco Grande e Ramón Lourenzo en Compostela, ano 1957. Co libro de Franco Grande Vieiro Choído na man.

Arquivo familiar (1957)

En Lugo, na Costas do Parque.

En Lugo, na Costas do Parque.

Uxío Novoneyra, Saleta e Manuel María nas Costas do Parque en Lugo, en 1957.

Arquivo familiar (1957)

En Cervantes.

En Cervantes.

O poeta dacabalo dunha mula en Cervantes, 30 de marzo de 1957.

Arquivo familiar (1957)

Coa Saleta na praza de San Domingos en Lugo.

Coa Saleta na praza de San Domingos en Lugo.

Saleta será unha constante na obra poética de Manuel María, desde "Verbas a Saleta" (Mar Maior, 1963) até "Cando a Saleta entrou na casa de Hortas" (Sonetos á casa de Hortas, 1997) ou o libro inédito, que ía publicar Brais Pinto, Entre a arxila e a luz.

Bargueiras (1959)

Manuel María e Vicente Risco na exposición de Celia Cortés.

Manuel María e Vicente Risco na exposición de Celia Cortés.

Manuel María e Vicente Risco na exposición de Celia Cortés (no medio), 18 de maio de 1959, en Ourense.

Arquivo familiar (1959)

Con Fermín Boza-Brey e Franco Grande.

Con Fermín Boza-Brey e Franco Grande.

Con Fermín Bouza-Brey, Franco Grande e a Saleta, ca. 1959.

Arquivo familiar (1959)

O día da voda.

O día da voda.

O pai de Saleta Goy Regueira xunto aos noivos á saída da igrexa, o día da voda, 9 de maio de 1959.

Arquivo familiar (1959)

Praterías ao fondo.

Praterías ao fondo.

Ante a Fonte dos Cabalos, con Praterías ao fondo, en Compostela o Día da Patria Galega de 1960. Ramón González Alegre, Aquilino Iglesia Alvariño, Saleta, Manuel María, Franco Grande, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Somozas e Villar del Río.

Arquivo familiar (1960)

Con Novoneyra e Arcadio López Casanova

Con Novoneyra e Arcadio López Casanova

 (1960)

No Courel de Novoneyra.

No Courel de Novoneyra.

No Courel de Novoneyra: Uxío, María Mariño, Saleta, Manuel María e o home de María Mariño, ca. 1962.

Arquivo familiar (1962)

Ao pé da torre da homenaxe en Monforte.

Ao pé da torre da homenaxe en Monforte.

O amigo Enrique Iglesias, Manuel María, Raimundo Patiño e Saleta en Monforte.

Arquivo familiar (1962)

Con Novoneyra no Courel.

Con Novoneyra no Courel.

Manuel María pasou vinte días inesquecíbeis na casa de Novoneyra no Courel a coñecer tipos e historias extraordinarias. Os dous poetas coa Saleta.

Arquivo familiar (1962)

Na homenaxe a Álvaro Cunqueiro

Na homenaxe a Álvaro Cunqueiro

No café Méndez Núñez de Lugo, homenaxe a Álvaro Cunqueiro: Mercedes Pintos, Manuel María, a dona de Sixto Seco, Xerardo Fernández Albor, Chon Baltar (dona de Ramón Piñeiro). O día que se colocou a placa en homenaxe ao poeta Fernán de Esquío na Porta do Carme.

Arquivo familiar (1963)

O equipo de fútbol da Academia Balmes.

O equipo de fútbol da Academia Balmes.

O equipo de fútbol da Academia Balmes, da que Manuel María foi profesor de literatura.

Arquivo familiar (1963)

 

Fotografías do período 1964 - 1977

Día das Letras Galegas.

Día das Letras Galegas.

Día das Letras Galegas dedicado a Castelao. Cea no Hostal dos Reis Católicos, á mesa co antropólogo Carmelo Lisón Tolosana e señora, Saleta, Mercedes e Isidro Conde, Fernando Mon, 1964.

Fotografía: Novoa (1964)

Nos Xogos Florais de Monforte.

Nos Xogos Florais de Monforte.

Manuel María do brazo da raíña María Aurora González Cabanas, nos Xogos Florais de Monforte de Lemos. 15 de agosto de 1965.

Arquivo familiar (1965)

Conferencia no Centro Galego de Barcelona.

Conferencia no Centro Galego de Barcelona.

Conferencia no Centro Galego de Barcelona acompañado de Casado Nieto e Basilio Losada, 25 de marzo de 1968.

Arquivo familiar (1968)

Manuel María coas voces da Nova Canción Galega.

Manuel María coas voces da Nova Canción Galega.

Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Xavier e Benedicto (Voces Ceibes) xunto a Manuel María, quen xogou un papel importante no nacemento da Nova Canción Galega. Na Alameda de Santiago de Compostela, 11 de maio de 1968.

Arquivo familiar (1968)

Apertura da Libraría Xistral.

Apertura da Libraría Xistral.

Apertura da Libraría Xistral, situada nas Galerías en Monforte de Lemos, setembro de 1970, en primeiro termo Xesús Veiga.

Arquivo familiar (1970)

No Museo Carlos Maside no Castro de Osedo (Sada)

No Museo Carlos Maside no Castro de Osedo (Sada)

Celestino Fernández de la Vega, Eduardo Blanco-Amor, Nemesio Barxa e Manuel María, no Museo Carlos Maside no Castro de Osedo (Sada), 2 de agosto de 1972.

Arquivo familiar (1972)

Con Pilar Vázquez Cuesta e Francisco Rodríguez

Con Pilar Vázquez Cuesta e Francisco Rodríguez

Pomba, Francisco Rodríguez, Manuel María e Pilar Vázquez Cuesta.

Arquivo familiar (1972)

Descargar
Recital de poesía en Xenebra.

Recital de poesía en Xenebra.

Con Margarita Ledo Andión nun recital de poesía nos locais de A Nosa Galiza, Xenebra, novembro de 1972. Este foi o primeiro acto de Manuel María nun centro da emigración galega en Europa.

Arquivo familiar (1972)

Descargar
San Pedro de Rochas, Esgos (Ourense)

San Pedro de Rochas, Esgos (Ourense)

Cos seus grandes amigos Luís Soto e Celso Emilio Ferreiro en San Pedro de Rochas, Esgos (Ourense), o día do bautismo de Iria Gala Barxa, setembro de 1973.

Arquivo familiar (1973)

Descargar
Penas de Rodas

Penas de Rodas

Nas Penas de Rodas, Outeiro de Rei, coa súa nai Pastora e Chus de Pousa, setembro de 1975.

Arquivo familiar (1975)

Descargar
Mitin do BN-PG en San Clodio (Monforte)

Mitin do BN-PG en San Clodio (Monforte)

Mitin do BN-PG en San Clodio (Monforte), 1977. Vicente Arias Fidalgo, Manuel María, Xosé Manuel Pavón, Lois Diéguez e Xosé Manuel de Escairón.

Arquivo familiar (1977)

Demandando a afiliazción á AN-PG

Demandando a afiliazción á AN-PG

Na rúa Cardenal de Monforte de Lemos con Paco Cortiñas, Xosé Manuel de Escairón, Manuel María, Xurxo Fernández e Saleta demandando a afiliación á Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG).

Arquivo familiar (1977)

Fotografías do período 1978 - 2005

Carballeira de San Xusto

Carballeira de San Xusto

 Manuel María na Carballeira de San Xusto en San Xurxo de Sacos (Pontevedra). 27 de xullo de 1979.

Arquivo familiar (1979)

Cruceiro de Mourente

Cruceiro de Mourente

Ao pé do Cruceiro de Mourente (Pontevedra). 27 de xullo de 1979. 

Arquivo familiar (1979)

¿?

¿?

Manuel María, Darío Xohán Cabana, Xosé Luís Méndez Ferrín e Uxío Novoneyra.

 (1980)

Na Feira do Libro en Sarria

Na Feira do Libro en Sarria

Na Feira do Libro en Sarria, Ánxel Fole, Manuel María e Fiz Vergara Vilariño, 27 de xuño de 1981. 

Arquivo familiar (1981)

Irmandade Galega de Caracas

Irmandade Galega de Caracas

 M. M. Sesto e matrimonio Noia. Caracas, maio de 1981.

Arquivo familiar (1981)

Irmandade Galega de Caracas

Irmandade Galega de Caracas

Na Irmandade Galega de Caracas con Castor Cachafeiro Bugallo. Caracas, maio de 1981. 

Arquivo familiar (1981)

Recordo de Santiago

Recordo de Santiago

11 de abril de 1981: Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión e Manuel María.

Arquivo familiar (1981)

Festa da Poesía en Salvaterra do Miño

Festa da Poesía en Salvaterra do Miño

 Festa da Poesía en Salvaterra do Miño, 23 de maio de 1982: con Egito Gonçalves, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña e Viale Moutinho.

Arquivo familiar (1982)

En Oseira

En Oseira

Coa Saleta, en Oseira en setembro de 1982. 

Arquivo familiar (1982)

Na televisión portuguesa.

Na televisión portuguesa.

Porto, 23 de febreiro de 1982, co xornalista Manuel Dios, director do programa "A árbore das patacas".

Arquivo familiar (1982)

Mitin

Mitin

Manuel María nun mitin do BN.PG.

Arquivo familiar (1982)

Trintxerpe

Trintxerpe

Trintxerpe. 26/02/82. Con Pepe Estévez

Arquivo familiar (1982)

O poeta no Partenón en Atenas.

O poeta no Partenón en Atenas.

O poeta no Partenón en Atenas (Grecia), 1984. 

Lois Diéguez  (1984)

Grecia

Grecia

Coa Saleta en Grecia.

Lois Diéguez  (1984)

Galeusca

Galeusca

III Encontro de escritores bascos, cataláns e galegos, Casal de Rodas, Monção (Portugal), 26 de setembro de 1986.

Arquivo familiar (1986)

Monreale (Sicilia)

Monreale (Sicilia)

No medio de dous capiteis en Monreale (Sicilia), semana santa de 1986.

Arquivo familiar (1986)

Coa toga de Procurador

Coa toga de Procurador

Manuel María coa toga de Procurador dos Tribunais en Monforte de Lemos, novembro de 1986.

Arquivo familiar (1986)

Peche na RAG

Peche na RAG

En representación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), 14 escritores pecháronse na Real Academia Galega esixindo a demisión do presidente, García Sabell, cargo incompatíbel co de Delegado do Goberno central, responsábel do recurso contra a Lei de Normalización Lingüística. Entre os pechados: Pilar García Negro, Manuel María, Miguel Anxo Fernán-Vello, aos que acompañara Saleta, 13 de xuño de 1987.

Arquivo familiar (1987)

Falando con José Saramago

Falando con José Saramago

Saleta, José Saramago, Manuel María, Carmen Fernández e Bernardino Graña, en Lisboa en marzo de 1989.

Arquivo familiar (1989)

"Literatura viva"

Manuel María no programa "Literatura viva" da Radio Galega con Xulio Xiz.

Arquivo familiar (1990)

Visita á casa de Fiz Vergara Vilariño

Visita á casa de Fiz Vergara Vilariño

Visita á casa do poeta Fiz Vergara Vilariño en Lóuzara, Samos (Lugo), no San Xoán de 1990. De esquerda a dereita: Antón Grande, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel María, Fiz Vergara Vilariño, Marica Campo, Lino Braxe, Eloi Caldeiro, Lois Diéguez, Paco Martín e Xosé Chao Rego.

Arquivo familiar (1990)

Co Lehendakari Ardanza

Co Lehendakari Ardanza

Co presidente de Euskadi, o Lehendakari Ardanza, e Xulio Argüelles, responsábel da Secretaría de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galiza. Llodio, V Día de Galiza en Euskadi, despois de ler o pregón, 27 de maio de 1990.

Arquivo familiar (1990)

Recordo a Ramón Cabanillas

Recordo a Ramón Cabanillas

En Barakaldo, descuberta dunha placa na casa onde viviu Ramón Cabanillas, maio de 1990. Manuel María e Bautista Álvarez entre outros.

Arquivo familiar (1990)

Descargar
Manuel María retratado polo fotógrafo monfortino Arcadio

Manuel María retratado polo fotógrafo monfortino Arcadio

 (1990)

XVII Xornadas do Ensino

XVII Xornadas do Ensino

Con Alberte Ansede, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) nas XVII Xornadas do Ensino, nas que Manuel María participou ininterrompidamente desde as primeiras en 1976.

Arquivo familiar (1993)

Recitando.

Recitando.

Recitándolle a Saleta na Lagoa do Ollo, Begonte, Poemas para dicirlle a dúas lagoas (1993), versos impresionistas dedicados a esta paisaxe.

Arquivo familiar (1994)

Falando aos traballadores de RENFE

Falando aos traballadores de RENFE

Manuel María diríxese aos traballadores de RENFE diante da estación de Monforte de Lemos en novembro de 1994.

Arquivo familiar (1994)

Pedrón de Ouro

Pedrón de Ouro

Manuel María recibiu o Pedrón de Ouro, en Padron o 22 de maio de 1994. Manuel María, Otero Gestal, Míguez, Xosé Posada, Antón Fraguas, Díaz Pardo, Xavier Pousa e Nemesio Barxa, no patio da casa-museo de Rosalía de Castro.

Arquivo familiar (1994)

Día da Patria Galega

Día da Patria Galega

Manuel maría, Saleta Goy, Xosé Estévez, Margarita Ledo, Xosé María Álvarez Cáccamo e Carlos Díaz en Compostela o Día da Patria Galega de 1995.

Arquivo familiar (1995)

Homenaxe

Homenaxe

Homenaxe a Manuel María, organizado pola AS-PG o 15 de setembro de 1995: Manuel María e Alberte Ansede, no teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Arquivo familiar (1995)

Homenaxe

Homenaxe

Manuel María nun momento da homenaxe organizada pola AS-PG en setembro de 1995.

Arquivo familiar (1995)

Con Díaz Pardo

Con Díaz Pardo

Con Díaz Pardo na homenaxe do 1995

Arquivo familiar (1995)

Con Suso Vaamonde

Con Suso Vaamonde

Cantando con Suso Vaamonde durante a homenaxe do Rosalía de Castro da Coruña.

Arquivo familiar (1995)

Manuel María no Regato do Cepelo.

Manuel María no Regato do Cepelo.

Manuel María no Regato do Cepelo, materia poética do seu universo.

María Esteirán (1996)

Descargar
A carón do monolito homenaxe da AELG.

A carón do monolito homenaxe da AELG.

A carón do monolito homenaxe da AELG colocado cando lle foi entregado o "E" de escritor, no Campo de Santa Isabel, Outeiro de Rei, maio de 1997. A obra é do mestre canteiro lugués José Meijón Peleteiro.

Arquivo familiar (1997)

Con Ernesto Cardenal

Con Ernesto Cardenal

Manuel María co poeta nicaraguano Ernesto Cardenal diante da fachada do Mosteiro das Clarisas de Monforte de Lemos, 6 de xuño de 1997.

Arquivo familiar (1997)

Congreso de Poesía

Congreso de Poesía

Salvador García Bodaño, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Manuel María, Xavier Carro, Domingo Tabuyo, Borobó, Gonzalo Bouza Brey, Sabino Torres, Miguel Anxo Fernán-Vello, Paulino Vázquez, Xosé María Álvarez Cáccamo e Martín Veiga. Setembro de 1997.

Arquivo familiar (1997)

Recital poético en Betanzos.

Recital poético en Betanzos.

Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel María e Bernardino Graña, agosto de 1998.

Arquivo familiar (1998)

Xornadas Literarias.

Xornadas Literarias.

En Ordes, Xornadas Literarias organizadas polo Obradoiro de Historia. Saleta Goy, Manuel María, Xosé L. Rivas Mini, Baldomero Iglesias Mero, e o concelleiro de Cultura de Ordes (primeiro pola esquerda), con outros amigos. 11 de febreiro de 2000.

Arquivo familiar (2000)

Diante da tumba de Castelao

Diante da tumba de Castelao

Arquivo familiar (2000)

No Colexio de Alxén en Salvaterra do Miño.

No Colexio de Alxén en Salvaterra do Miño.

Asinando o libro Os soños na gaiola, no Colexio de Alxén en Salvaterra do Miño, 20 de abril de 2001.

Arquivo familiar (2001)

Co poeta Lluis Alpera.

Co poeta Lluis Alpera.

O poeta Lluis Alpera, Manuel María, Saleta, Xavier Carro e a súa dona Ana, no Campus da Universidade de Alacant. Primavera de 2001.

Arquivo familiar (2001)

Correlingua 2001.

Correlingua 2001.

Manuel María o día da "Correlingua 2001", na Coruña o mes de maio.

Arquivo familiar (2001)

Diante do Monumento a Curros Enríquez na Coruña

Diante do Monumento a Curros Enríquez na Coruña

 Francisco Fernández Naval, Xulio López Valcárcel, Manuel María, Cesáreo Sánchez e Xurxo Souto na Coruña, xuño de 2002.

P. Puig (2002)

Homenaxe a Alexandre Bóveda.

Homenaxe a Alexandre Bóveda.

Manuel María nunha homenaxe a Alexandre Bóveda, no conxunto monumental aos fusilados do 36 deseñado por Díaz Pardo para o Campo da Rata, A Coruña, agosto de 2002.

Arquivo familiar (2002)

Celanova

Celanova

No mosteiro de Celanova, ante o oratorio mozárrabe de San Miguel, setembro de 2002.

Arquivo familiar (2002)

Tertulia no Kirss

Tertulia no Kirss

Tertulia da cafetería Kirss, A Coruña: Carlos Díaz Martínez, Saleta, Luís Juncal, Xan Fraga, Manuel María, Francisco Pillado e Manuel Roca.

Arquivo familiar (2002)

Nunca Máis

Nunca Máis

Manuel María na praza de María Pita, A Coruña, dirixíndose aos asistentes na manifestación de "Nunca Máis".

Arquivo familiar (2003)

Elexías á miña vida pequeniña

Elexías á miña vida pequeniña

Presentación do libro Elexías á miña vida pequeniña (2004) no campo de Santa Isabel, Outeiro de Rei: Hortensia, Miguel Anxo Fernán-Vello, Alfonso Blanco Torrado, Paco Martín, Antón Fernández, Saleta, Ánxela e Suso Fernández. Sentados: Francisco Pillado, Darío Xohán Cabana e Manuel María.

Arquivo familiar (2004)

Despedida

Despedida

Foto: Xurxo Lobato (2004)

Descargar