Fundación Manuel María de Estudos Galegos
https://www.youtube.com/watch?v=uYh6AwFuSKI
A Casa-Museo Manuel María é visitábel polo público todos os sábados e domingos do ano (agás os dous últimos de decembro e os da primeira fin de semana de xaneiro).
Os centros educativos, entidades...poden visitala calquera outro día da semana, concertando previamente.
Sábados e festivos: de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas. (Os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs).
Domingos: de 11 a 14 horas (Os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 11 a 14 e de 16.30 a 19.30 hrs).
Recomendamos chamar previamente ao teléfono 698177621
Pódese concertar telefonicamente para calquera día.
As visitas organizadas desde os centros de ensino non universitario son gratuítas.
Todas as visitas á Casa-Museo son guiadas e pódense complementar con diferentes recursos na propia Casa (audiovisuais, música, TICs) ou coa visita a diferentes espazos da contorna vinculados a Manuel María e á súa obra.
Ofrecemos asesoramento sobre como programar un roteiro completo por diferentes espazos da contorna a partir da Casa-Museo, sempre vinculados co escritor e coa súa obra.
Teléfono de contacto: 698 177 621
Correo-e: contacto@casamuseomanuelmaria.gal
A Casa-Museo está situada no corazón da vila de Outeiro de Rei (Rúa F, nº 2), por tras da Casa do Concello.
Para chegar: