Casa Museo Manuel María

Termos de uso

Realización dun pedido

Para realizar un pedido é preciso seleccionar os produtos que se desexe e rexistrarse como usuaria, a través dos formularios e as instrucións facilitadas en cada paso.

A aceptación das condicións de compra e a validación do pedido por parte do/a comprador/a supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato. Salvo proba en contrario, os datos rexistrados pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas entre esta e os seus clientes, que permanecerán arquivados e protexidos. A usuaria poderá acceder ao seu historial de compras desde o seu panel de control, ao cal só se poderá acceder con contrasinal.

Prazos e modos de envío

O prazo estimado de entrega en Galiza é de 6 días hábiles. O prazo de entrega será considerado a partir do día seguinte do pedido.

No caso de precisar unha data concreta, poderá solicitarse a información antes de realizar o pedido ao seguinte correo electrónico fundacion@manuelmaria.com ou chamando ao teléfono 618331112. Tamén para encomendas fóra de Galiza é necesario porse en contacto coa Fundación Manuel María a través do correo electrónico indicado anteriormente.

Nalgúns produtos poderá atoparse "Á venda …". Isto indica que o produto aínda non saiu á venda e que se pode realizar o pedido a partir da data indicada.

Os prazos de envío son sempre orientativos. No caso de existir algunha ruptura de stock ou indisponibilidade puntual dun artigo, informarase a cada persoa peticionaria. Comunicaranse igualmente os novos prazos de entrega. No caso de non ser esta posíbel ou non ter interese para quen realiza a encomenda tras os novos prazos, procederase a anular o pedido. 

En calquera caso, o atraso na entrega respecto aos prazos sinalados non dá dereito ao/á comprador/a a exixir indemnizacións por este motivo.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo