Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Podemos andar os camiños sen literatura. Tamén os podemos andar só coa literatura, sen sequera camiños. Nós propoñémosvos percorrer os camiños acompañados da literatura que se creou sobre eles. Un convite a coñecer o país, querelo e soñalo... con Manuel María.
Polos camiños da Terra con Manuel María é un proxecto en construción. O noso agradecemento a quen contribuír corrixindo erros, enviando fotos, pequenos vídeos, suxestións... que enriquezan o xa feito: contacto@casamuseomanuelmaria.gal. Mil grazas.
Polos camiños da Terra con Manuel María | Fundación Manuel María (casamuseomanuelmaria.gal)