Fundación Manuel María de Estudos Galegos
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos infórmaa/o que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co disposto no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e que ten dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, cancelación ou oposición dos seus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude a:
Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Baixa datos persoais: contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou fundacion@manuelmaria.com, ou no enderezo rúa Javier Fonte, 1, portal D, 1º A 15001 A Coruña
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos comprométese ao uso responsábel e confidencial dos datos, garantindo que os datos das usuarias se tratarán de acordo coas exixencias legais, e que tan só serán utilizados pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos coa finalidade de comunicación, información e administración.
Os datos solicitados son os adecuados, pertinentes e limitados co ámbito e finalidades para os cales son tratados. A persoa usuaria responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose a Fundación Manuel María de Estudos Galegos o dereito a excluír dos servizos rexistrados toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que poidan proceder.
Quer mediante formularios desta web, quer a través dun formulario en papel existente na propia Casa-Museo Manuel María, quer mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, a persoa remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos no mesmo. En calquera caso os datos facilitados non serán obxecto de cesión a terceiros.
Aceptación por parte da persoa usuaria:
A web e servizos en liña da Fundación Manuel María de Estudos Galegos proporcionan o acceso a informacións, servizos, proxectos ou datos (en diante, "os contidos") en Internet pertencentes á Fundación Manuel María de Estudos Galegos que a persoa usuaria pode ter acceso. A persoa usuaria asume a responsabilidade do uso da web e servizos en liña. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro a persoa usuaria será responsábel de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, á persoa pódeselle proporcionar un contrasinal, do que será responsábel, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.
A persoa usuaria comprométese a facer un uso acaído dos contidos que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos ofrece a través da súa web e, entre outros, obrígase a non os empregar para:
1.- Incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública;
2.- Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófoba, homófoba, pornográfica-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación;
3.- Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptíbeis de provocaren os danos anteriormente nomeados;
4.- Tentar acceder, e de ser o caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.
Sobre a información persoal e a privacidade:
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos está comprometida con protexer a privacidade das persoas usuarias da súa web; para iso cumprimos meticulosamente o Dereito Europeo, o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679 e da súa normativa de desenvolvemento, estando obrigada a protexer o tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas que son as usuarias ou usuarios da nosa web ou que acceden aos seus servizos en liña, especialmente en relación coa súa honra e intimidade persoal e familiar. Para iso desenvolve os requisitos técnicos necesarios de garantir o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso ou uso fraudulento.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos infórmaa/o de que todos os datos persoais que lle facilite a través de formularios electrónicos, mediante correo electrónico, inscrición e/ou subscrición aos servizos do sitio web, serán tratados con estrita confidencialidade tal e como exixe o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679. Neste sentido, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos garante que o tratamento destes datos se efectúe baixo os niveis de seguranza estabelecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados.
Os datos persoais, como o correo electrónico, nome, dirección postal onde resida, número de teléfono... que se pidan ás persoas usuarias dos distintos sites e servizos en liña da Fundación Manuel María de Estudos Galegos terán como única finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, e manter cos usuarios unha comunicación fluída, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, WhatsApp, etc.) a información e comunicacións que considera útil e/ou importante. En todo caso a Fundación Manuel María de Estudos Galegos é o único destinatario dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración da web ou realizar estudos estatísticos de natureza interna e de carácter estritamente confidencial.
A persoa usuaria garante que os datos persoais que facilita son veraces e correctos, e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web toda persoa usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Os menores de idade deberán obter o permiso dos seus pais, titores ou representantes legais para poder accederen aos servizos prestados.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos non se responsabiliza no caso de que os datos sobre este tema sexan inexactos ou falsos.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos pode combinar a información recibida por parte da persoa usuaria desde diferentes sitios e servizos en liña da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, ou recompiladas mediante outros servizos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, coa finalidade de ofrecer unha atención máis personalizada e un mellor servizo.
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos non comparte a súa información de contacto con terceiros. Só baixo a petición e autorización da persoa usuaria poderá enviar información de terceiros a través dos sitios en liña ou mediante correo electrónico, sempre enviado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
En calquera momento, a persoa usuaria pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos sistemas da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, así como a baixa dos seus rexistros. Para iso, a persoa usuaria encontrará en todos os correos electrónicos que reciba unha ligazón ou un correo electrónico que lle permitirá solicitar a baixa correspondente. Tamén será posíbel solicitar a baixa a través de áreas privadas de sitios web desde as que se poderán facer modificacións dos datos así como a solicitude de baixa. A baixa do servizo ou baixa dos datos persoais na base de datos da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, producirase no menor tempo necesario para executar a solicitude.
Desde a Fundación Manuel María de Estudos Galegos perseguirase a veracidade dos datos, tentando a actualización dos mesmos en relación á situación da persoa atinxida. Se os datos de carácter persoal rexistrados resultaren ser inexactos, en todo ou en parte, ou incompletos, serán cancelados e substituídos de oficio polos correspondentes datos rectificados ou completados.
Uso de cookies
As cookies son pequenos arquivos de texto que se instalan no navegador do ordenador do usuario/a para rexistrar a súa actividade, enviando unha identificación anónima que se almacena no mesmo coa finalidade de que a navegación sexa máis doada. Esta web emprega:
-Cookies técnicas: Aquelas que permiten á persoa usuaria a navegación a través da páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguranza durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.
-Cookies de análise: Aquelas que ben tratadas permiten cuantificar o número de persoas usuarias e realizar a medición e a análise estatística da utilización que fan as persoas usuarias do servizo ofertado.
-Cookies estabelecidas por terceiros (Google Analytics): ferramenta gratuíta de análise web de Google que nomeadamente permite que os propietarios de sitios web coñezan como interactúan as persoas usuarias co seu sitio web. Para alén disto, habilita cookies no dominio do sitio e utiliza un conxunto de cookies denominadas “__utma”, “__utmb”, “__utmc” e “__utmz” para recompilar información de forma anónima e elaborar informes de tendencias de sitios web sen identificar usuarios individuais.
Lexislación e xurisdición aplicábel
A relación entre a FGS e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e Tribunais da Coruña.