BIBLIOTECA MANUEL MARÍA:
Está integrada polos máis de 12.000 volumes que Manuel María foi atesourando durante toda a súa vida, acrecentados polos máis de 2.000 que colectou finalmente Saleta Goi. Nestes fondos bibliográficos destacan a temática galega e o xénero poético. O traballo voluntario de moitas persoas permitiunos xa completar o inventariado destes volumes, mais só unha pequena parte está debidamente catalogada mentres seguimos traballando para completar o total. Incorporamos AQUÍ unha ligazón para a busca nos fondos catalogados.
FONDOS DOCUMENTAIS:
O fondo do arquivo de Manuel María garda gran parte da documentación producida e conservada polo poeta durante a súa vida, tanto no aspecto particular como na práctica dalgunha das funcións que exerceu, como o seu labor profesional ou naquelas actividades que levou a cabo dun xeito altruísta como axente cultural, editor, no seu compromiso político, social e principalmente o seu labor como escritor.
A documentación está ordenada e inventariada, en proceso de clasificación, catalogación e descrición. Destacan a serie da correspondencia, que recolle cartas recibidas de máis de mil persoas e institucións que son una fonte fundamental para o estudo da cultura galega na segunda metade do século XX.
A Casa-Museo Manuel María segue a traballar na localización e recompilación de documentación producida polo poeta co fin de que sexa posíbel o acceso e consulta desde a propia casa. Por este motivo acéptase a doazón de calquera tipo de documento (fotografías, cartaces, voandeiras, manuscritos ou mecanoscritos, etc.), en formato físico ou dixitalizado, relacionado con Manuel María, a súa vida ou a súa obra.
A biblioteca e o arquivo de Manuel María poden ser consultados durante os días de apertura da Casa-Museo, previa petición no teléfono 698 177 621 ou en contacto@casamuseomanuelmaria.
O cadro de clasificación do fondo de arquivo de Manuel María:
1. FONDOS FUNCIONAIS 1880-2004
1.1. DOCUMENTOS DE CARÁCTER PERSOAL E FAMILIAR 1914-2004
1.1.1 Felicitacións 1947-2003
1.1.1.1 Felicitacións de nadal 1947-2003
1.1.1.2 Outras felicitacións 1990-1994
1.1.2 Artigos, conferencias… doutros autores 1953-2004
1.1.2.1 Outros artigos, conferencias... doutros autores 1952-2004
1.1.2.2 Artigos, conferencias... doutros autores sobre MM 1969-2004
1.1.3 Identificación persoal 1950-1998
1.1.4 Documentación biográfica 1967-[199_?]
1.1.5 Documentación familiar 1914-1992
1.1.5.1 José Fernández Núñez 1914-1991
1.1.5.2 Ramón Fernández Mato 1918-1992
1.1.5.3 Tomás Buíde 1990
1.1.5.4 Tomás Núñez de la Fuente 1992
1.1.5.5 Pastora Teijeiro 1992
1.1.6 Documentación económica 1958-2002
1.1.7 Bibliografías 1959-2003
1.1.8 Convites para actos 1971-2004
1.1.9 Follas informativas [195?]-2001
1.1.10 Tarxetas de envíos 1995-2004
1.1.11 Tarxetas de presentación [196?-200?]
1.1.12 Enderezos --
1.1.13 Recordatorios 1960-2000
1.1.14 Partituras 1952-2000
1.1.15 Curricula [?]-1995
1.1.16 Estudos e formación académica 1942-1949
1.1.17 Homenaxes, honores e premios 1980-1999
1.1.18 Viaxes 1968-2000
1.1.19 Estampas relixiosas 1950-1995
1.1.20 Panfletos e pasquíns 1965-1982
1.1.21 Curiosidades varias 1925-2004
1.2. DOCUMENTOS DE FUNCIÓN 1880-2004
1.2.1. Xestión da actividade intelectual 1949-2004
1.2.1.1. Actividade creativa 1949-2004
1.2.1.1.1. Obra orixinal 1950-2004
1.2.1.1.1.1. Poesía 1950-2004
1.2.1.1.1.2. Prosa (Artigos, Ensaio, Narrativa) 1952-2004
1.2.1.1.1.3. Teatro 1960-1994
1.2.1.1.1.4. Deseños 1951-[19--?]
1.2.1.1.2. Obra impresa 1952-2004
1.2.1.1.2.1. Poesía 1949-2002
1.2.1.1.2.2. Prosa 1955-2002
1.2.1.1.2.3. Teatro 1961-2002
1.2.1.1.2.4. Obra de Manuel María noutros soportes non convencionais 1954-2004
1.2.1.2 Traducións [195_?]-2003
1.2.1.2.1 Traducións feitas por MM [195_?]-1968
1.2.1.2.2 Traducións de obra de MM a outros idiomas 1974-2003
1.2.1.3 Programas de radio 1955-1980
1.2.1.4 Entrevistas 1952-2000
1.2.1.5 Anotacións 1966-2001
1.2.1.6 Textos sobre obras de MM 1971-2003
1.2.2 Actividade profesional (Procurador) 1959-1994
1.2.3 Participación, proxección e contribución social 1952-2003
1.2.3.1 Editor (Xistral) 1964-1982
1.2.3.1.1 Documentos relacionados coa función como editor 1968-1982
1.2.3.1.2 Libros, artigos, conferencias ... 1964-1977
1.2.3.2 Axente cultural 1952-2003
1.2.3.2.1 Participación en Asociacións 1965-2003
1.2.3.2.1.1 Asociación Cultural de Monforte de Lemos 1968-1973
1.2.3.2.1.2 Agrupación Cultural Castelao (Monforte) 1977-1994
1.2.3.2.1.3 AELGA 1980-1997
1.2.3.2.1.4 ASPG 1980-1999
1.2.3.2.1.5 Irmandade dos vinhos galegos 1965-2003
1.2.3.2.1.6 Outras asociacións 1974-1997
1.2.3.2.2 Nova Canción Galega 1966-2003
1.2.3.2.3 Actos e actividades en que participou 1952-2003
1.2.3.2.3.1 Diplomas e certificados 1985-2001
1.2.3.2.3.2 Programas de actos 1955-2003
1.2.3.2.3.3 Recortes de prensa 1952-2002
1.2.3.2.4 Actividade institucional 1970-2003
1.2.3.2.4.1 Consello de Cultura da Deputación de Lugo 1991-1994
1.2.3.2.4.2 Real Academia Galega 1970-2003
1.2.3.2.5 Colaboracións con centros de ensino 1973-1998
1.2.3.2.6 Congresos, simposiums, reunións 1983-2004
1.2.3.3 Participación política 1972-2002
1.2.4 Material auxiliar 1880-2004
1.2.4.1 Noticias de prensa 1954-2004
1.2.4.1.1 Sobre Manuel María, vida e obra 1956-2004
1.2.4.1.1 Referencias a Manuel María 1954-2002
1.2.4.2 Informacións 1880-2004
1.2.4.2.1 Sobre arte 1980-1997
1.2.4.2.2 Sobre cultura galega 1957-1996
1.2.4.2.3 Sobre cultura popular [195_?]-2000
1.2.4.2.3.1 Música popular [195_?]-1997
1.2.4.2.3.2 Medicina popular 1984-1999
1.2.4.2.3.3 Fontes 1962-2000
1.2.4.2.4 Sobre economía 1976-2001
1.2.4.2.5 Sobre historia 1918-2004
1.2.4.2.6 Sobre lingua e sociolinguística 1969-2004
1.2.4.2.7 Sobre literatura [1960]-2000
1.2.4.2.8 Sobre personaxes e autores 1880-2004
1.2.4.2.8.1 Afonso X 1971-2004
1.2.4.2.8.2 Ánxel Xohán 1901-2004
1.2.4.2.8.3 Gabriel Aresti 1969-2000
1.2.4.2.8.4 Antón Avilés de Taramancos 1954-2003
1.2.4.2.8.5 Eduardo Blanco Amor 1897-2000
1.2.4.2.8.6 Fermín Bouza-Brey 1963-2001
1.2.4.2.8.7 Alexandre Bóveda 1986-2003
1.2.4.2.8.8 Darío Xohán Cabana 1970-2003
1.2.4.2.8.9 Ramón Cabanillas 1926-1959
1.2.4.2.8.10 Ricardo Carballo Calero 1954-1990
1.2.4.2.8.11 Ernesto Cardenal 1997
1.2.4.2.8.12 Carlos Casares 1975-1979
1.2.4.2.8.13 Álvaro das Casas 2000-2003
1.2.4.2.8.14 Castelao 1926-2000
1.2.4.2.8.15 Maximino Castiñeiras 1970-2000
1.2.4.2.8.16 Rosalía de Castro, e Murguía 1973-1999
1.2.4.2.8.17 Juan de la Coba 1979
1.2.4.2.8.18 Xosé Crecente Vega 1959-1990
1.2.4.2.8.19 Álvaro Cunqueiro 1936-2001
1.2.4.2.8.20 Manuel Curros Enríquez --
1.2.4.2.8.21 Avelino Díaz --
1.2.4.2.8.22 Xosé María Díaz Castro 1935-1999
1.2.4.2.8.23 Salvador Espriu 1968-1985
1.2.4.2.8.24 Celso Emilio Ferreiro 1963-1997
1.2.4.2.8.25 Serafín Ferro --
1.2.4.2.8.26 Francisco de Fientosa 1936-1990
1.2.4.2.8.27 Ánxel Fole 1970-2003
1.2.4.2.8.28 A.Garibaldi 1960-1970
1.2.4.2.8.29 Miguel González Garcés 1962-1991
1.2.4.2.8.30 Manuel María González 1947-1970
1.2.4.2.8.31 Bernardino Graña 1972-2000
1.2.4.2.8.32 Aquilino Iglesia Alvariño 1986-1994
1.2.4.2.8.33 Francis Jammes 1967-2003
1.2.4.2.8.34 Manuel Leiras Pulpeiro 1983
1.2.4.2.8.35 Arcadio López Casanova 1959-1977
1.2.4.2.8.36 Xaquín Lorenzo 1989-2004
1.2.4.2.8.37 Lugrís 1977-2000
1.2.4.2.8.38 Antonio Machado 1958-1964
1.2.4.2.8.39 Martiño de Braga, ou Dume 1990-2000
1.2.4.2.8.40 Xosé Luís Méndez Ferrín [1964?]-2003
1.2.4.2.8.41 José Viale Moutinho 1973-1984
1.2.4.2.8.42 Manuel Murguía 1973-2000
1.2.4.2.8.43 Xosé Neira Vilas 1971-2001
1.2.4.2.8.44 Pablo Neruda 1967-1995
1.2.4.2.8.45 Antonio Noriega Varela 1904-1997
1.2.4.2.8.46 Uxío Novoneyra 1952-2000
1.2.4.2.8.47 Ramón Otero Pedrayo 1929-2001
1.2.4.2.8.48 José María Pemán 1963-1969
1.2.4.2.8.49 Carlos Penelas 1999
1.2.4.2.8.50 Adolfo Gustavo Pérez 1965-1980
1.2.4.2.8.51 Luis Pimentel 1950-2001
1.2.4.2.8.52 Wanda Ramos 1991-1992
1.2.4.2.8.53 Vicente Risco [--1981]
1.2.4.2.8.54 Primitivo Rodríguez Sanjurjo 1880-1992
1.2.4.2.8.55 Luís Seoane 1970-1997
1.2.4.2.8.56 Teixeira de Pascoaes 1991-2003
1.2.4.2.8.57 Antón Tovar Bobillo 1967-2001
1.2.4.2.8.58 Xosé Trapero Pardo 1982-1995
1.2.4.2.8.59 Suso Vaamonde 2000
1.2.4.2.8.60 Moncho Valcarcel 1994-2001
1.2.4.2.8.61 Carlos Varela 1980
1.2.4.2.8.62 Lorenzo Varela 1972-1981
1.2.4.2.8.63 Pura e Dora Vázquez 1972-1995
1.2.4.2.8.64 Fiz Vergara Vilariño 1972-2003
1.2.4.2.9 Informacións sobre teatro 1958-2002
1.2.4.2.10 Sobre vilas e bisbarras 1913-2004
1.2.4.2.10.1 Lugo 1955-2000
1.2.4.2.10.2 Terra Chá 1913-2000
1.2.4.2.10.3 Val de Lemos e Chantada 1913-2004
1.2.4.2.11 Recortes de xornal 1910-2004
1.2.4.2.11.1 Cultura galega 1929-2004
1.2.4.2.11.2 Literatura galega 1952-2003
1.2.4.2.11.3 Obras da literatura galega 1910-2003
1.2.4.2.11.4 Suplementos culturais de xornais galegos 1971-2004
1.2.4.2.11.5 Xornais galegos completos 1968-1998
1.2.4.2.11.6 Literatura de expresión española 1929-2000
1.2.4.2.11.7 Literatura de expresión portuguesa 1961-2005
1.2.4.2.11.8 Informacións doutras literaturas 1963-2003
1.2.4.2.11.9 Obra doutras literaturas 1957-2004
1.2.4.2.11.10 Política 1975-2001
2. CORRESPONDENCIA 1947-2004
2.1 Correspondencia enviada por Manuel María 1968-2003
2.2 Correspondencia recibida 1947-2004
2.3 Correspondencia allea
3. COLECCIÓNS 1880-2003
3.1 Artigos, conferencias ... doutros autores (como colección) 1880-2002
3.2 Autocolantes 1975-2003
3.3 Calendarios 1969-2001
3.4 Láminas e deseños 1967-2003
3.5 Marcapáxinas 1985-1999
3.6 Planos e mapas 1930-1999
3.7 Programas 1950-2003
- Exposicións artísticas 1950-2003
- Outros 1958-2003
3.8 Tarxetas postais [1960?]-2003
3.9 Fotografías [1936-2003]
3.10 Cartaces 1963-2000
4. DOCUMENTACIÓN SOBRE MANUEL MARÍA POSTERIOR AO SEU PASAMENTO. 2003-2014
Normas para a consulta da documentación da Casa-Museo.
Formulario para solicitar a consulta de documentación.