Casa-Museo > Fondos documentais

BIBLIOTECA MANUEL MARÍA:

Está integrada polos máis de 12.000 volumes que Manuel María foi atesourando durante toda a súa vida, destacando a temática galega e o xénero poético. O traballo voluntario de moitas persoas permitiunos xa completar o inventariado destes fondos, mais só unha pequena parte está debidamente catalogada. Incorporamos AQUÍ a ligazón á busca dos fondos catalogados.

FONDOS DOCUMENTAIS:

O fondo do arquivo de Manuel María garda gran parte da documentación producida e conservada polo poeta durante a súa vida, tanto no aspecto particular como na práctica dalgunha das funcións que exerceu, como o seu labor profesional ou naquelas actividades que levou a cabo dun xeito altruísta como axente cultural, editor, no seu compromiso político, social e principalmente o seu labor como escritor.

Parte da documentación está ordenada e en proceso de clasificación, mais nalgunhas series, como a de coleccións ou a de correspondencia, o traballo está máis atrasado, debido á cantidade de persoas e institucións de quen se conserva algún tipo de comunicación con Manuel María (que serían arredor dun milleiro). Por esta razón, aínda se está traballando na súa localización, ordenación e descrición.

A biblioteca e o arquivo de Manuel María poden ser consultados durante os días de apertura da Casa-Museo, previa petición no teléfono 698 177 621 ou en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. 

En moi breve prazo incorporaremos aquí o cadro de clasificación do arquivo, o formulario para solicitar a consulta da documentación e as normas para facer uso desta. 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo