Recursos

Neste apartado podes atopar documentos de VÍDEO, de AUDIO (tando "música" como "recitados") e OUTROS como exposicións, recursos para a aula, pezas teatrais de libre descarga (pensadas para traballar con elas na aula ou mesmo para a súa representación por grupos escolares, teatro afeccionado...) ou panxoliñas de Nadal escritas polo propio Manuel María. Estes documentos están postos na rede cunha licenza Creative Commons.

Igualmente pomos á túa disposición unha serie de unidades didácticas para traballar en liña dirixidas a alumnado de Infantil e Primaria, ás que se pode acceder cunha clave de acceso nesta ligazón: http://unidadesdidacticas.casamuseomanuelmaria.gal. Debes acceder co nome de usuario docente@manuelmaria.com e co contrasinal '$$docente2015$$'. Para traballares coas unidades debes exportalas ao teu equipo dándolle á opción correspondente. Para calquera consulta non dubides en dirixirte a nós a través do correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621.

Tamén podes acceder a unha outra unidade didáctica da autoría de Antonio Castiñeira, Conchy García, Mabel Ramallo e Antonio Pereiro que se centra na figura de Manuel María: Camiñando con Manuel María

 

 

 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo