Actividades

Zumaque en concerto na Casa-Museo Manuel María

Zumaque en concerto na Casa-Museo Manuel María

Un percurso renovado polos diferentes ritmos da música tradicional

Zumaque estará en concerto o próximo sábado, 3 de xuño, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María.
Zumaque é unha formación integrada por catro músicos cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais. A arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo e o percusionista Miguel Cabana, vencellados a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, mais sempre comprometido coa música tradicional galega.
Zumaque propón un percurso renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. O cuarteto procura pór en valor e dinamizar estruturas e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.
“Silván” foi o seu primeiro traballo discográfico.
Para asistir ao concerto é necesario reservar (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.