Actividades

Xurxo Souto presenta "A gran travesía de Chiruca Macallás" na Casa-Museo Manuel María

Xurxo Souto presenta
11/01/2019

Será o sábado 19 de xaneiro, ás 19 hrs, e xunto ao libro, tamén se dará a coñecer unha unidade didáctica,  "Cantos de traballo das mulleres do mar", elaborada polo propio Xurxo Souto

Xurxo Souto presenta o sábado 19 de xaneiro, na Casa-Museo Manuel María, ás 19 hrs, a súa última publicación, A gran travesía de Chiruca Macallás, unha novela personalísima, cunha enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos e surrealistas que recrean a atmosfera gráfica de Urbano Lugrís

A obra conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller, dona dun poderoso universo, que nos revela unha historia de superación. 

Na propia presentación, Xurxo Souto dará a coñecer unha unidade didáctica elaborada por el e que leva por título "Cantos de traballo das mulleres do mar".

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo