Actividades

Xoán Neira presenta, este sábado, ás 19.30 h, na Casa-Museo Manuel María, o seu poemario "Gaiola Aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017)"

Xoán Neira presenta, este sábado, ás 19.30 h, na Casa-Museo Manuel María, o seu poemario
30/10/2018

Esta obra, dirixida para as crianzas, recolle unha selección de poemas escritos por Xoán Neira durante os últimos vinte anos, e con ela, o autor, quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

Na presentación deste sábado, ademais do autor, intervirán Belén López (directora de edicións Baía) e Armando Requeixo (autor da edición e do limiar).

 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo