Actividades

Xiana Collazo Rial, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, co videopoema “Lúa descolorida”, e Sara Casanova Martínez, do IES de Quiroga, co videopoema “Negra sombra”, gañadoras da II edición do Concurso de videopoemas

Xiana Collazo Rial, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, co videopoema “Lúa descolorida”, e Sara Casanova Martínez, do IES de Quiroga, co videopoema “Negra sombra”, gañadoras da II edición do Concurso de videopoemas
19/05/2018

Xiana Collazo Rial, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, co videopoema “Lúa descolorida”, e Sara Casanova Martínez, do IES de Quiroga, co videopoema “Negra sombra”, foron as premiadas na II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María que organiza a Casa-Museo Manuel María.

O xurado do certame, composto polo realizador Omar Rabuñal Varela, o profesor e guionista, Eduardo Álvarez González, e a profesora e guionista, Anxa G. Refoxo, salientou do videopoema “Lúa descolorida” “o seu exquisito uso da linguaxe audiovisual e a coherencia nos versos escollidos que con excelentes metáforas visuais consegue transmitirnos unha historia”, e do videopoema “Negra sombra”, resaltou “as súas estupendas metáforas visuais, unha moi suxerente utilización da cor e unha excelente montaxe para nos ofrecer a interpretración do poema”.

Así mesmo, os membros do xurado sobrancearon a alta calidade alcanzada nesta edición, a diversidade de temáticas presentadas e o feito de que se estenda o concurso polos distintos centros educativos do país, o que é unha mostra da súa consolidación.

Galería de vídeos

Galería de vídeos

NEGRA SOMBRA
2:19
Descargar:  MP4
LÚA DESCOLORIDA
0:51
Descargar:  MP4
Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo