O Diario da Casa

Visitounos o alumnado do máster en Dirección de Actividades na Natureza do Campus de Lugo

Visitounos o alumnado do máster en Dirección de Actividades na Natureza do Campus de Lugo

02/12/2015 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

No marco da materia A natureza na literatura, o alumnado do máster en Dirección de Actividades na Natureza que se imparte na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo tivo ocasión de percorrer algunhas das paisaxes máis amadas por Manuel María e tantas veces recollidas nos seus poemas, no seu teatro, na súa narrativa ou na súa prosa xornalística: o Regato do Cepelo, a Fonte da Pinguela, as Penas de Rodas, a Santa Isabel ou o Santo Alberte de Parga.