Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Duración: 5:30
Data: 20/05/2017
O xurado, do primeiro Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, elixiu por unanimidade como videopoemas gañadores "Cantar de emigración" de Carla López e Carla Díaz, do IES Pinguela de Monforte de Lemos, e "Cheguei a Fisterra" de Noa Fernández, do IES David Buján de Sigrás-Cambre. Tamén outorgou unha mención honorífica para o videopoema de Gloria Guindos Bretones, do IES David Buján de Sigrás-Cambre, que leva por título "Negra Sombra" (os vídeos pódense ver neste mesmo web, na sección O diario da casa).