Actividades

O novo circo galego de monicreques chega á Casa-Museo Manuel María este sábado día 9 de novembro

O novo circo galego de monicreques chega á Casa-Museo Manuel María este sábado día 9 de novembro

02/11/2019

Circo Galaico é unha proposta de Títeres Alakrán

Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo amenizado cunha fantástica música.

Un circo único onde a maxia e o fantástico se mistura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Con todos vostedes e entre outros: Xaquín o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista, Pedriño, o raposo malabarista e a incríbel cabra Ribelina! Sen esquecer clásicos do circo coma o pallaso Rolín.

A peza será representada o sábado 9 de novembro, ás 18 hrs. Está dirixida para público familiar e crianzas e xa non quedan billetes.