Actividades

Teatro Marionetas Trécola representa"Gaela quere ser druída"

Teatro Marionetas Trécola representa

A actividade que se levará a cabo este sábado na Casa-Museo Manuel María, encádrase dentro do Programa de Teatro Profesional Proscenio

Este sábado, ás 18 horas, a compañía Teatro Marionetas Trécola leva á Casa-Museo Manuel María a peza "Gaela quere ser druída". 

A sinopse da representación é a seguinte: 
Seica Gaela anda aburrida e persegue o druída nun día moi importante para el, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non encontra o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente a nena consegue contarlle o que lle preocupa, ela quere ser druída! Mais o mestre négase en rotundo porque “as nenas non poden ser druídas! Iso é cousa de homes!” Esta resposta, lonxe de calmar as ansias da nena, a convence de que ese é o seu fado. Gaela terá que demostrar ao druída que ela pode ser o que desexar se pon todo o seu empeño. Así, terá que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca.

A representación de corenta e cinco minutos de duración está dirixida para público familiar e crianzas (a partir de tres anos) e a entrada é libre até completar o aforo. Para reservar, cómpre dirixirse ao correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Esta actividade está encadrada no Programa de Teatro Profesional Proscenio, promovido pola área de Cultura da Deputación de Lugo.