Actividades

Susana Seivane estreará o seu novo disco "Fa" na X edición de Lúas de Outono

Susana Seivane estreará o seu novo disco

06/09/2018

A homenaxe anual a Manuel María é de acceso gratuíto e será o mércores 19 de setembro, ás 20.30, no teatro Rosalía Castro da Coruña.

Susana Seivane, presentando o seu novo disco "Fa", protagonizará a X edición de Lúas de Outono, evento anual que se homenaxea a Manuel María na cidade da Coruña. 

O concerto será no teatro Rosalía Castro, o 19 de setembro, cuarta-feira, ás 20.30 e Susana Seivane interpretará, alén do seu novo traballo, uns poemas de Manuel María.

A entrada será libre até encher o aforo.