Actividades

"Retrincos de Castelao", con Fran Rei e Isabel Risco, o sábado, 24 de febreiro na Casa-Museo Manuel María

O texto de Diego Rey é un achegamento ao humor na obra de Castelao.

"Retrincos de Castelao" é o próximo espectáculo da programación cultural da Casa-Museo Manuel María. Esta peza que protagonizan Isabel Risco e Fran Rei é un achegamento ao humor na obra de Castelao, figura fundamental da historia do noso país. O texto de Diego Rey fai un percurso polo traballo do noso político e intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo. Os actores van ofrecernos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces. 

A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprendermos realmente a nosa historia e o noso presente. 

O espectáculo será o sábado, 24 de febreiro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. O prezo do billete é de 5 euros e pode facerse a reserva anticipada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621