Actividades

Raquel Queizás estará, este sábado, na Casa-Museo co espectáculo para crianzas e familias "A maleta da avoa"

Raquel Queizás estará, este sábado, na Casa-Museo co espectáculo para crianzas e familias

11/02/2019

Desde ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, mouras, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo… Así presenta Raquel Queizás o espectáculo de narración oral que poderán desfrutar as crianzas, a partir de tres anos, e as súas familias este sábado, día 16, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María.

"A maleta da avoa", é unha actividade de contos e lendas tradicionais galegas en que se empregan obxectos e monicreques. As persoas interesadas en asistiren teñen de reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. O prezo do billete é de 2 euros.