Actividades

Raiceira en concerto o vindeiro día 17 de novembro no auditorio da Casa-Museo Manuel María

Raiceira en concerto o vindeiro día 17 de novembro no auditorio da Casa-Museo Manuel María
09/11/2018

Raiceira, dúo conformado por Sabela Vázquez e Carme López, nace a comezos do ano 2018 coa idea de reinterpretar melodías populares extraídas da tradición oral galega. É un proxecto que procura acadar un son particular e diferente, onde se mestura unha parte máis tradicional, enmarcada na voz e as percusións de man, con outra máis afastada do popular, resultado das harmonías que o violonchelo achega. Desde unha presentación tradicional, que pretende reflectir en certa medida as características musicais propias de cada un dos lugares de onde proveñen as pezas, ofrecen unha revisión da tradición a través da mestura de diferentes estilos e aprendizaxes. 

Detrás dos temas que interpreta Raiceira tamén aparecen ideas extramusicais que envolven o seu traballo. Primeiramente a feminidade propia de todas as pezas, xa que foron as mulleres as encargadas durante largo tempo de aprender e transmitir estas melodías, de modo que a súa impronta está indiscutibelmente presente nestas músicas. Tamén a importancia da cultura tradicional e popular da nosa terra, en especial a música, na cal reflíctense diversos elementos da nosa sociedade, tanto a antiga, onde se xeraron as melodías orixinais, como a contemporánea, debido á súa interpretación actual. 

O concerto de Raiceira comeza ás 20 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, e para reservar entrada pódese escribir a contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698177621. A entrada é libre até completar o aforo. 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo