Actividades

Presentación do libro "Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza" de Francisco Rodríguez

Presentación do libro

26/02/2022

O historiador e ensaísta Francisco Rodríguez estará acompañado do secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede

A Casa-Museo Manuel María acolle o sábado 5 de marzo, ás 19 horas, a presentación da obra de Francisco Rodríguez "Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV)", e concretamente do seu primeiro tomo, "A relevancia do reino galego medieval".
O libro está coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, unha obra necesaria para combater o descoñecemento e ignorancia colectiva dun pasado tan relevante e de esplendor para a historia da nosa nación. A obra supón o primeiro tomo de dous libros sobre a historia do reino de Galiza, unha coidada edición na que se inclúe multitude de documentación gráfica para ampliar a investigación sobre a revolta galega contra Castela na segunda metade do século XIV, que se complementará cun segundo tomo que ten previsto ver a luz ao longo deste 2022.
Para asistir cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou escribindo un whatsapp ao 698177621