Casa Museo Manuel María

O Diario da Casa

Pirilampo en concerto na Casa-Museo Manuel

Pirilampo en concerto na Casa-Museo Manuel
29/04/2017

A Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programaron este sábado, 29 de abril, ás 18 horas no auditorio da Casa-Museo un concerto do grupo PIRILAMPO que presentou o seu traballo musical Teatro de guiñol, ademais doutras composicións de pasados traballos.

Teatro de guiñol está composto de once poemas de Manuel María retranqueiros e festivos, tirados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na gaiola e Terra Chá. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de guiñol son algúns dos textos das melodías que soaron este sábado na Casa-Museo.

 

Galería de vídeos

Galería de vídeos

O poema A fala de Manuel María interpretado por Pirilampo
3:12
Interpretación do poema "A fala " do poemario As rúas do vento ceibe [...]
Descargar:  FLV
 
Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo