Actividades

Paloma Suanzes cantará este sábado, día 9, na Casa-Museo Manuel María

Paloma Suanzes cantará este sábado, día 9, na Casa-Museo Manuel María

"Verbas de Auga" é o título do concerto

Este próximo sábado, día 9 de febreiro, ás 20 hrs, Paloma Suanzes dará un concerto na Casa-Museo Manuel María.

O espectáculo musical que leva por título “Verbas de Auga” será un concerto íntimo dos que vén dando, nestes últimos anos, esta cantautora de longa traxectoria musical.

Paloma Suanzes publicou en 1999 un disco “Feitizo” e colaborou noutros traballos como “Catro mulleres, catro estilos, catro voces”, xunto a María Manuela, Julie Guravich e Claudia Campos. Compartiu escenario, entre outras, con Uxía Senlle, María Manuela, Sonia Lebedynski, Mercedes Peón, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guadi Galego e Ugia Pedreira, no espectáculo “Son Delas”. Xunto a Miguel Mosquera creou o dúo musical, “Alba Nocturna”.

Nos últimos anos, alén de pequenas actuacións, Paloma Suanzes centrouse na súa formación, adicándose a compor, escribir e formarse como directora de coro, cantante lírica e mestra de música. Na actualidade, prepara a gravación de novos temas que formarán parte dun novo proxecto musical persoal.

A entrada é libre até encher o aforo. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel 698177621.

 

 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo