Actividades

Paco Nogueiras presenta o seu traballo musical Brinca Vai! o sábado 28 de outubro na Casa-Museo Manuel María

Paco Nogueiras presenta o seu traballo musical Brinca Vai! o sábado 28 de outubro na Casa-Museo Manuel María

20/10/2017

A actividade está coorganizada coas ANPAs do CEIP Otero Pedrayo de Rábade e do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei

O 28 de outubro, sábado, Paco Nogueiras presentará, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o seu traballo musical "Brinca Vai!" na Casa-Museo Manuel María.

Dirixido para o público infantil e as súas familias, Paco Nogueiras interpretará cancións para os diferentes momentos do ano a través de diferentes estilos musicais (techno, rock, folk, reggae...).
 
O custo da entrada é de 2 euros e pódese facer a reserva no tel. 698177621 ou no correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal
 
A actividade está coorganizada polas ANPAs do CEIP Otero Pedrayo de Rábade e do CEIP Laverde Ruíz, xunto á Casa-Museo Manuel María.