Actividades

Paco Nogueiras estará na Casa-Museo Manuel María, o sábado 26 de xaneiro, co seu espectáculo musical "Radio Bulebule"

Paco Nogueiras estará na Casa-Museo Manuel María, o sábado 26 de xaneiro, co seu espectáculo musical

21/01/2019

Paco Nogueiras estará este sábado, 26 de xaneiro, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María, co seu espectáculo musical "Radio Bulebule", para o que xa non quedan entradas. O medio radiofónico inspira este espectáculo que se recolle nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, axenda cultural, faladoiro, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza...-, música, noticias, deporte, previsión metereolóxica...

Esta radio itinerante, ambulante e cantante convídanola a vivir en directo Paco Nogueiras a través dun espectáculo participativo, con colorido e expresividade e cunha chea de composicións e melodías que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.