Actividades

Os Viqueiras en concerto, este sábado, na Casa-Museo Manuel María

Os Viqueiras en concerto, este sábado, na Casa-Museo Manuel María
O grupo de música tradicional, Os Viqueiras, estarán este sábado na Casa-Museo Manuel María para interpretar o seu repertorio, moito del cantado, cheo da esencia máis pura mais arranxado co seu toque persoal. Os Viqueiras adaptan harmonías e empregan ritmos e percusión cun vocabulario máis amplo, proxectando nos seus concertos moita forza, alegría e ganas de bailar. 
Manuel Viqueira (gaita), Serxo Núñez (gaita e clarinete), Alberte Núñez (acordeón), Beni Frecha e José Antonio Vázquez (percusión) son os compoñentes deste grupo que estarán ás 20 horas o sábado 7 de maio. É necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621