O Diario da Casa

Os versos de Rosalía e Manuel María reencontráronse en Outeiro de Rei nas voces de case 140 estudantes de toda Galiza

Os versos de Rosalía e Manuel María reencontráronse en Outeiro de Rei nas voces de case 140 estudantes de toda Galiza

A Casa-Museo Manuel María acolleu unha moi concorrida fase final do concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva

O xurado salientou a gran calidade dos recitados escoitados ao longo de toda a xornada e acordou unanimemente a concesión de distintas mencións honoríficas para alén dos premios en cada unha das catro categorías