Actividades

"O palco e as lúas" será representada este sábado por Elsinor Teatro na Casa-Museo Manuel María

18/02/2019

Escrita e dirixida por Manuel Lourenzo, que tamén forma parte do elenco de actores, está composta de catro pezas breves (Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza).

Este sábado, 23 de febreiro, ás 20 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, Elsinor Teatro presentará “O palco e as lúas”, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo.

“O palco e as lúas”, de unha hora de duración, está composta por catro pezas breves (Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza), interpretadas polo propio Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Margot R. Alvarado, Carme Martínez, Xosé Martínez e Xulia Miguel.

Fundado en 1990 como grupo independente e autoxestionado, Elsinor Teatro ten como obxectivo a práctica dun teatro do noso tempo, libre de imposicións e atento a un diálogo fértil cos espectadores. Caracteriza o grupo a exploración de linguaxes, tanto do punto de vista literario ou actoral, canto do puramente escénico. Na súa historia, o grupo tivo dúas etapas: a primeira, do 1990 ao 1998, e a segunda, do 2013 ao momento actual. En ambos os dous casos, abunda na produción de formas breves de teatro, con poucos intérpretes e unhas linguaxes innovadoras. 

A sipnose das pezas é a seguinte: 
Zanzíbar: dúas mulleres proxectan unha viaxe a Zanzíbar, no oriente africano...
Postulantes : a Cidade está aberta. Non hai segredos para ninguén. Todo o que se ocultaba salta co estalar da luz. Todos postulan. Todos queren atinxir... o paraíso? 
Noite Pecha : Marta sae a tirar o lixo cando se atopa cunha veciña que a retén con preguntas as que ela non desexa responder. Cales son os segredos que non queren que saiban as veciñas? 
A Terraza: nunha terraza con vistas ao mar, dúas amigas esperan a chegada dunha terceira, que ven de viaxar polas illas gregas. Casualmente, un músico chama a atención da recén chegada 

As persoas interesadas en asistiren (entrada libre até encher o aforo) poden reservar o billete en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621