Actividades

O mago Martín Camiña este sábado na Casa-Museo Manuel María

O mago Martín Camiña este sábado na Casa-Museo Manuel María

"Feitizos e ilusións" é o espectáculo dirixido para público familiar a partir de 6 anos

Este sábado, día 3 de outubro, ás 18 hrs, chega á Casa-Museo Manuel María o mago Martín Camiña co seu espectáculo “Feitizos e ilusións”, unha enchente de maxia, humor e participación…iso si, desde as cadeiras.
 Dirixido para un público familiar, a partir de 6 anos, as persoas que asistan terán como condicións de obrigado cumprimento:
-o uso de máscara (excepto as persoas exentas pola lexislación vixente)
-lavar as mans con xel hidroalcólico á entrada e á saída do auditorio
-manter a distancia de seguranza, sobre todo á entrada e á saída para evitar amontoamentos
-non mudarse das cadeiras asignadas
-seguir as indicacións do persoal da Casa-Museo Manuel María
Recoméndase, tamén, limitar o máximo posíbel o uso dos baños
O aforo do auditorio da Casa-Museo Manuel María verase reducido polas indicacións sanitarias motivadas pola COVID-19 e por tanto toda persoa que asista a este espectáculo ten que ter reservada previamente a entrada a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal O prezo do billete é de dous euros.