Actividades

O ilusionista Martín Camiña estará o próximo sábado, día 21 de abril, na Casa-Museo Manuel María

O ilusionista Martín Camiña estará o próximo sábado, día 21 de abril, na Casa-Museo Manuel María

Presenta o seu espectáculo de maxia "Intres de asombro"

A Casa-Museo Manuel María, a ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei e a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade programan para este sábado 21 de abril, ás 18 horas, no auditorio da Casa-Museo un espectáculo para público familiar (a partir dos 5 anos). O ilusionista Martín Camiña presentará “Intres de asombro”.

Espectáculo de maxia, humor e participación das espectadoras, composto en “chave de fa”: fabuloso, fascinante e fantástico. Xornais que cobran vida, cordas sorprendentes, froitas e moito máis, xeran a trama dun acto cheo de gags visuais, diálogos unidos ao sorriso e ilusionismos sorprendentes.

As entradas pódense reservar anticipadamente a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou do teléfono 698 177 621. O prezo da entrada é de 2€. Poderanse retirar na propia Casa-Museo, vinte minutos antes do inicio da función, pagando no momento.

Galería de fotos

Actuación de Martín Camiña na Casa-Museo Manuel María

Actuación de Martín Camiña na Casa-Museo Manuel María

 (2018)