Actividades

O colectivo Comadres das Letras presenta este sábado, ás 20 h, na Casa-Museo Manuel María o seu libro "Contármonos"

O colectivo Comadres das Letras presenta este sábado, ás 20 h, na Casa-Museo Manuel María o seu libro

Previamente manterá un encontro na propia Casa-Museo co Clube de Lectura Saleta

 

O Colectivo Comadres das Letras presenta este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María a súa obra Contármonos
 
O libro xunta a catorce voces que xurdiron a partir dun obradoiro da escrita que dinamizou a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) en 2021 e 2022 a través da poeta e novelista Eli Ríos. Os máis de corenta textos que contén o libro son creados ao redor da memoria histórica das mulleres e sitúan a estas no centro.
 
Previamente, ás 18.30 h, as Comadres das Letras, colectivo de mulleres que partillan escrita e sororidade e que naceu a raíz deste obradoiro de escrita, manterán un encontro coas participantes no clube de lectura Saleta, clube da Casa-Museo, e coas lectoras do libro que se queiran achegar para dialogaren sobre a súa lectura.