Actividades

O Clube de Leitura da Casa-Museo Manuel María retoma a súa actividade este sábado, día 15 de setembro

O Clube de Leitura da Casa-Museo Manuel María retoma a súa actividade este sábado, día 15 de setembro

12/09/2018

"A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. Docampo é a obra escollida para esta primeira sesión 

O Clube de Leitura da Casa-Museo Manuel María retoma a súa actividade, no seu segundo ano, este sábado, 15 de setembro.

"A nena do abrigo de astracán" de Xabier P Docampo é a obra escollida para as dúas primeiras sesións. As participantes partillarán as opinións e análises que lles provocou a leitura deste romance na biblioteca da Casa-Museo a partir das 19 hrs.