Actividades

O Clube de Lectura conmemora a figura de Xela Arias cun recitado dos seus versos

O Clube de Lectura conmemora a figura de Xela Arias cun recitado dos seus versos

24/05/2021

Alén de comentar "Darío a diario" e "Non te amola!"

Se hai días para a memoria, o pasado sábado 22 de maio foi un deles.
Na Chaira que cantou e á que fixo cantar Manuel María cadraron na mesma xornada dúas das súas manifestacións básicas: a reivindicación e a homenaxe.
A primeira delas, tivo lugar pola mañá, arredor da Torre de Caldaloba, onde se esixiu, unha vez máis, que ese espazo emblemático pase a titularidade pública e sexa posto en valor.
A homenaxe atopou oco nunhas horas despois, pola tarde, na Casa de Hortas, en Outeiro de Rei, onde o Clube de Lectura da Casa-Museo Manuel María celebrou unha das súas sesións. Nela, ademais da actividade habitual de comentario de obras lidas -nesta ocasión Darío a diario e Non te amola!-, conmemorouse a figura de Xela Arias cun recitado dos seus versos, e doutras composicións xunguidas a eles.
O colectivo poético 'Case inéditas' iniciou así a súa andaina creativa e divulgativa, que incluiu a presentación do poemario "Flocos de millo", de Almudena Falcón Folgueira.
Medre a poesía e a memoria na Terra Chá!

Galería de fotos

Xuntanza do Clube de Lectura por volta da obra de Xela Arias

Xuntanza do Clube de Lectura por volta da obra de Xela Arias

Eva Teijeiro (2021)