Actividades

Música, humor e poesía na XIV edición de Lúas de Outono

Música, humor e poesía na XIV edición de Lúas de Outono

04/09/2023

Quico Cadaval, María Barcala e Paraíso Canto serán os artistas que participarán na homenaxe anual a Manuel María

O martes, terza feira, día 19 de setembro, ás 20.30h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebraremos unha nova edición, a décimo cuarta, de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.
 
A edición deste ano preséntase so o título Música, humor e poesía  e poderemos gozar coas historias do dramaturgo, director, actor e narrador,  Quico Cadaval, coa poesía de Manuel María declamada pola actriz María Barcala e coa proposta musical, que parte do canto tradicional galego, que realiza Paraíso Canto.
 
A entrada é gratuíta mais é necesario reservar os billetes en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (prazo até o día 18 de setembro incluído). No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía.