Actividades

Migallas presenta "Merenda con pan de millo" este sábado 3 de febreiro

Migallas presenta

22/01/2018

O espectáculo musical vai dirixido para o público familiar

Este sábado, día 3 de febreiro, no auditorio da Casa-Museo Manuel María o grupo Migallas Teatro presentará o seu traballo "Merenda con pan de millo".

“Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato, de unha hora de duración, baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. 

As entradas para ver este espectáculo xa están esgotadas. 

 

Galería de fotos

Migallas, concerto 3 de febreiro, no auditorio da Casa-Museo Manuel María

Migallas, concerto 3 de febreiro, no auditorio da Casa-Museo Manuel María

 (2018)