Actividades

Marionetas Trécola levan á cena a peza "Tolitates"

Marionetas Trécola levan á cena a peza
10/12/2018

Será este sábado, na Casa-Museo Manuel María, dentro do programa de teatro profesional PROSCENIO

Teatro Marionetas Trécola leva á cena este sábado, ás 18 hrs, na Casa-Museo Manuel María, e para todos os públicos, a peza "Tolitates".

A sipnose da obra é a seguinte: Tolitates, movido por un impulso se cadra máis tolo ca el, sáltase todos os sinais de perigo e escapa da cordura, sen pensar que sempre pode haber alguén máis transgresivo ca el.
Un gran elenco informal e atolondrado, que mostra pouco siso e seriedade no modo de actuar, arrastra ao público cara a unha gargallada continua sen precisar mediar palabra. Nesta obra, os títeres e os obxectos son os protagonistas da dramaturxia, obviando as palabras fronte á pantomima e a música, nun escenario máxico e cheo de segredos no que nin se intúe a figura do titiriteiro.

A entrada é libre até completar o aforo, mais é necesario facer reserva previa en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621
 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo