Fundación Manuel María de Estudos Galegos
17/03/2019
Vídeo da actuación no interior da nova
O día 21 de marzo é o Día da Poesía e a Casa-Museo Manuel María celebraráo o sábado, 23, ás 18 hrs, cun espectáculo único que preparou para a ocasión e que protagoniza un dos nosos grandes actores e dramaturgos, Manuel Lourenzo. Sobre o cenario, Lourenzo recitará textos poéticos e teatrais de Rosalía, Pondal, Curros, Otero Pedraio, Cunqueiro, Manuel María...
A entrada é libre até encher o aforo. Pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao 698177621