Actividades

Luís Caruncho en concerto

Luís Caruncho en concerto

30/01/2022

Presentará na Casa-Museo Manuel María o seu traballo "Poemas no peito"

O sábado, 5 de febreiro, Luís Caruncho estará, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar o seu traballo musical "Poemas no peito", unha escolma poética desde Rosalía até autoras de hoxe como Olga Novo, Marta Dacosta, Olga Patiño..., pasando por Manuel María. E todo o canto virá acompañado de instrumentos tradicionais como a zanfona, a pandeireta e o pandeiro.

Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.