Actividades

Lúas de Outono chega á súa novena edición coa representación, sobre textos de Manuel María, de "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna", de Lucecús Teatro

Lúas de Outono chega á súa novena edición coa representación, sobre textos de Manuel María, de

A homenaxe anual a Manuel María será o próximo 20 de setembro, ás 20.30, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

 

Máis un ano, a cidade da Coruña, a que Manuel María -con Saleta -escollera para vivir após a súa xubilación, acolle LÚAS DE OUTONO, unha homenaxe ao escritor que cada edición reveste unha forma distinta de creatividade artística. Será o mércores 20 de setembro, ás 20.30 hora,s no Teatro Rosalía de Castro da Coruña con entrada libre até completar o aforo dispoñíbel. 
Nesta novena edición LÚAS DE OUTONO conta coa presenza da compañía lucense Lucecús Teatro que representarán “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. Unha obra que parte de textos e poemas de Manuel María e que representa unha viaxe divertida e curiosa de varias historias que lle acontecen ao máxico personaxe de Manuel de Paderna. Este posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra para, entre outras cousas, parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes, sandar as persoas…

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo