Actividades

"Historias con susto para durmir a gusto", este sábado na Casa-Museo Manuel María

19/11/2019

A nova proposta de narración oral e música de Vero Rilo e Sonsoles Penadique está chea de humor e medo

O novo espectáculo da contadora Vero Rilo e da intérprete musical Sonsoles Penadique Historias con susto para durmir a gusto chega este sábado, ás 18 hrs, á Casa-Museo Manuel María. A nova proposta, chea de humor e medo, vai dirixida para público familiar.

Trátase dun espectáculo que se desenvolve na escuridade e en que a compañía prepara o ambiente para ofrecer a súa peculiar ollada sobre as historias de sempre, fuxindo do politicamente correcto que non deixa de ver fantasmas onde non os hai. 
 
Vero Rilo e Sonsoles Penedique, o amor pola literatura e a palabra dita co amor pola música e o universo da infancia, veñen colaborando, nos últimos anos, en distintos proxectos onde combinan a narración, o canto e a música de historias e contos dirixidos ás crianzas.
 
As entradas para público familiar e crianzas a partir de 5 anos, pódense reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal e o prezo de billete é de 2 euros.
Historias con susto para durmir a gusto

Historias con susto para durmir a gusto

Raquel González López (2019)

Historias con susto para durmir a gusto

Historias con susto para durmir a gusto

Raquel González López (2019)

Historias con susto para durmir a gusto

Historias con susto para durmir a gusto

Raquel González López (2019)

Historias con susto para durmir a gusto

Historias con susto para durmir a gusto

Raquel González López (2019)